Levo todo o día pensando, de Iria Collazo

Hace ya unos cuantos años -qué rápido olvidamos- nos estremeció la foto que tomó la fotógrafa Nilufer Demir de Aylan, un niño sirio que, tendido inerte sobre la orilla de las playas de Bodrum, en Turquía, nos recordaba las tragedias humanitarias que tenemos tan cerca y que no vemos porque no queremos mirar. Era el tercer intento de la familia de llegar a Europa: Abdullah, el padre, decidió que lo iban a intentar en una balsa; por desgracia, la balsa se hundió y fallecieron, además de Aylan, su hermano mayor Galip y su madre, Rehanla.

De aquella tragedia nacieron estas preciosas palabras de Iria Collazo que es aquí, además y por encima de escritora, ser humano. Y además y por encima de ser humano, madre.

Gracias, Iria. Nunca podemos quedarnos callados ante estas situaciones.

Levo todo o día pensando 
nos teus zapatos, 
en quen chos compraría,
se serían teus avós, 
ou se cadra eran herdados 
dun irmán, dun curmán. 
En canto terían andado eses zapatos 
pequeniños,
de bebé. 
En canto me recordan
Aos que ten a miña filla de dous anos.
En canto frío terían pasado 
Os teus peciños.
En canto terías chorado
De fame.
De medo.
Ata calar.
Levo todo o día pensando
En que sabes máis da morte
Ca todos os que te vemos hoxe
querendo imaxinarte durmido.
Levo todo o día pensando
En que pouco dignas son as miñas palabras.
En que pouco digna é calquera palabra
Para pedirche perdón.
Levo todo o día pensando,
E tamén virás a min, pola noite,
E acariñarasme coas mans tenras,
E acubillaraste no meu colo
E non dirás nada,
E é que non sabías inda falar.
Meu meniño.
Levo todo o día pensando
En cantos nenos mortos ten que haber
Para que a infamia remate.
Levo todo o día pensando
En que ollarte así é insoportable
Pero aínda o é máis quedar calada,
En que me sinto culpable 
Da túa inmensa soidade.
Isto que escribo non vale nada. 
Non pretendía ser bonito
Nin ben feito.
Eu só quería arrolarte.
E o que choro non vale nada.
Hoxe morreu o noso fillo.
Hoxe morreu o que nos queda de humanidade.
Non hai consolo.