Archivo por días: 4 septiembre 2021

No sono do cuco novo

Hoy comparto con vosotros esta joya de Álvaro Cunqueiro; otro poema más descubierto gracias a Amancio Prada.

Leed y escuchad qué belleza:

No sono do cuco novo
Hai un namoro namoro,
Cu-có de alba lixeira,
Cu-có para o vento tolo.

Ai o noivado do cuco,
Namoro de gaita fina!
Na romería do sono
Romeiras de follas vivas.

Romeira unha estrela verde,
Romeira unha rá noviña,
Romeira unha frol tremante,
Romeira unha pomba fría.

Veredas de namorar
Quen as vende, quen as merca,
Na feira do seu noivado
O Cu-có soña de seda,
Veredas de namorar.

Ai o noivado do cuco,
Sono de soñar cancións,
Auga corrente romeira
Lindeiros que deixa o sol.